A MÚSICA DA PRIMEIRA XORNADA DA MÁN DE JOAQUIN ENRIQUEZ E ELISA ESPERANTE

Nesta primeira xornada do ciclo Palestra Aberta impulsado pola AV de Canido e a Cocina Económica de Ferrol contarase co dúo de músicos Ferroláns Elisa Esperante  e Joaquín Enríquez.
 
JOAQUÍN ENRÍQUEZ
De profesión Economista e docente na Universidade da Coruña. O acordeón acompañouno dende os 7 anos. Conseguiu numerosos galardóns en certames nacionais e Internacionais chegando a ser elixido no 2010 coma un dos representantes de España no 60 Trofeo Mundial do Acordeón. Así mesmo é autor de composicións coma “Canido” ou “Bolboretas de Nadal” con letra do poeta Antón Cortizas. Ten colaborado con coñecidos artistas como a eurovisiva Lucía Pérez ou Xabier Vizcaíno
 
ELISA ESPERANTE
Ferrolana de nacemento e corazón, ligada ó mundo da música dende pequena, cursou estudos de piano e canto no conservatorio de Ferrol, formou parte do Coro Universitario de Oviedo, cidade onde estudou o Grao en Historia e Ciencias da Música. Actualmente cursa nesa cidade o Mestrado de Profesorado ó tempo que segue estudando canto no conservatorio de Xixón.
 

Deja una respuesta