"Saúde Mental e risco de Exclusión Social"
Alberto Durán Rivas
As enfermidades mentais, sobre todo as máis graves, son pouco coñecidas.
Deste descoñecemento xorden o medo, a incomprensión e o rexeitamento
que sofren as persoas que padecen estes trastornos. Nesta charla coloquio
tentaremos clarificar que é e que non é unha enfermidade mental,
explicaremos que é un Trastorno Mental Grave, describiremos brevemente
os principais síntomas psiquiátricos e cales son as mellores opcións de
tratamento. Por último, reservaremos un pequeno espazo para tentar
aclarar erros e falsos mitos sobre a enfermidade mental, así como para
comentar o tratamento que a prensa dá destas enfermidades.
Cristina García Pazos
As persoas con trastorno mental grave a miúdo non se dan conta de que
non están ben e a relación con eles traerá inevitablemente problemas e
situacións difíciles. Queremos aproveitar este espazo para expoñer
aspectos prácticos que nos axudarán no noso día a día no coidado destas
persoas: como mellorar a comunicación, resolución de problemas,
adherencia terapéutica, prevención e actuación ante unha crise…
Xiana López Penedo
Frecuentemente, os problemas de saúde mental son causa e consecuencia da exclusión social. Tanto é así que os principais factores de risco para desenvolver un problema de saúde mental son a pobreza e a desigualdade económica. E do mesmo xeito, cando xa se manifesta un problema de saúde mental, prodúcese un impacto negativo no traballo, nos ingresos e no acceso a unha vivenda digna, nas redes de apoio…, sendo o estigma e o autoestigma os factores clave que contribúen á exclusión social das persoas que presentan problemas de saúde mental.
1.- ALBERTO DURÁN RIVAS
RELATOR
PSIQUIATRA EQUIPO DE TRATAMIENTO ASERTIVO COMUNITARIO
2.- CRISTINA GARCÍA PAZOS
RELATORA
ENFERMERA ESPECIALISTA
EN SALUD MENTAL. EQUIPO
DE TRATAMIENTO
ASERTIVO COMUNITARIO
3.- XIANA LÓPEZ PENEDO
RELATORA
TRABAJADORA SOCIAL
UNI. DE HOSPITALIZACIÓN
PSIQUIATRICA. HOSPITAL
DE DÍA DE PSIQUIATRÍA
AGRUPACIÓN ARTÍSTICA FERROLANA BOHEMIOS
DISPOÑIBLE A POSTERIORI TRALA CELEBRACIÓN DA SESIÓN