TRABALLO DIGNO, TRABALLO SEGURO
Rafael Aguirrebengoa
I. Tres instantáneas históricas sobre las condiciones laborales de las clases subalternas
II. Tres notas sobre la evolución de la concepción de la salud laboral en el actual Reino de España
III. Dos estadisticas que mantienen despierta nuestra inquietud
Francisco Javier Tarín
La nueva Ley de Prevención de Riesgos Laborales Derechos y obligaciones: En materia de Prevención de riesgos laborales todo empresario es deudor de seguridad con sus empleados. De igual forma cualquier trabajadora ha de acatar las normas de seguridad establecidas en la normativa vigente y las que así determine la empresa (estatuto de los trabajadores) Responsabilidades: Civil, administrativa, penal ¿Por qué hacemos prevención? Ley de 31/1995: jerarquía de control: -Sistemas de gestión -Coordinación de actividades empresariales
1.- RAFAEL AGUIRREBENGOA
RELATOR
EX-SINDICALISTA, FUNCIONARIO
XUBILADO E ACTIVISTA SOCIAL
Naceu en Donostia, Gipuzkoa, en 1956. Veu a Galiza en 1977 e viviu na Coruña, Vigo, Lugo e, finalmente, en Ferrol desde
1984. Na Coruña desenvolveu distintas actividades laborais na construcción e na hostalería. Durante tres anos participou no establecemento dunha librería en Lugo e desde 1985 traballou como funcionario da Xunta de Galicia.
Participou no proceso de fundación de Esquerda Galega, formando parte da súa dirección nacional, e estivo afiliado, primeiro a CXTG e, despois, áCIG, resultante da fusión entre CXTG e INTG. Foi membro da Comisión Executiva da
Federación de Administración Pública da CIG e do Consello Confederal da CIG. Dos 36 anos nos que traballou como funcionario, durante máis de 30 foi representante sindical dos traballadores e traballadoras da Administración autonómica da Xunta de Galicia na Xunta de Persoal da
Coruña.
Na actualidade está xubilado e participa nas
actividades da Asociación Socio-cultural Muíño do Vento, radicada en Canido, Ferrol, da que é presidente.
2.- FRANCISCO JAVIER TARÍN
RELATOR
RESPONSABLE AREA DE SEGURIDADE E
SAÚDE LABORAL DE METRO DE MADRID
·Máster en Coaching y Mentoring por UNIR y EMCC
·Doutor pola Universidad Politécnica de Cataluña;
·Inxeñería Industrial, pola Universidad Politécnica de Madrid
·Postgrado RRHH pola Universidad Autónoma de Barcelona
·Máster en Prevención de Riesgos Laborales pola universidade CEU San Pablo
·Profesor de Implantación de Sistemas de Gestión de la Seguridad Laboral en UNIR
25 anos de experiencia laboral dentro do mundo da seguridade laboral, no campo da auditoría, construción e ferroviario, ocupando postos de dirección e xestión de equipos e desenvolvendo sistemas de xestión e programas de modificación de condutas dentro da empresa.
A súa experiencia profesional no mundo da seguridade e saúde, a nivel mundial, capacitoulle para a xestión de equipos multidisciplinares para o desenvolvemento dunha maior produtividade, para levar a cabo proxectos de modificación de condutas e comportamentos laborais, relacionadas coa seguridade e saúde ocupacional, tomando como eixo principal á persoa.
JOSÉ CARLOS ENRÍQUEZ
Desenvolve a súa profesión no sector asegurador desde o ano 1985. Colabora na acción social con distintas ONG.
Organizou xornadas en Ferrol sobre Dereitos Humanos e outras actividades ecuménicas de tipo relixioso
JOAQUÍN ENRÍQUEZ E ELISA ESPERANTE
JOAQUÍN ENRÍQUEZ
De profesión Economista e docente na Universidade da Coruña. O acordeón acompañouno dende os 7 anos. Como acordeonista conseguiu numerosos galardóns en certames nacionais e Internacionais chegando a ser elixido no 2010 coma un dos representantes de España no 60 Trofeo Mundial do Acordeón. Así mesmo é autor de composicións coma “Canido” ou “Bolboretas de Nadal” estas últimas con letra do poeta Antón Cortizas. Así mesmo ten colaborado con coñecidos artistas como Andrés Penabad, Lucía Pérez ou Xabier Vizcaíno
ELISA ESPERANTE
Ferrolana de nacemento e corazón, ligada ó mundo da música dende pequena, cursou estudos de piano e canto no conservatorio de Ferrol, formou parte do Coro Universitario de Oviedo, cidade onde estudou o Grao en Historia e Ciencias da Música. Actualmente cursa nesa cidade o Mestrado de Profesorado ó tempo que segue estudando canto no conservatorio de Xixón.
DISPOÑIBLE A POSTERIORI TRALA CELEBRACIÓN DA SESIÓN